miércoles, 27 de enero de 2010

Cancioneiro galego

Eiqui van algunhas cancions populares galegas, senon divertidas alomenos entretidas e graciosas:



A miña casa non quero que veñas
sempre me fodes nunca me preñas (x2)
sempre fodendo nunca preñando
tes o carallo de contrabando(x2)

O carallo xa morreu
os collons están de luto(x2)
veña maria abre as pernas
pra enterrar este difunto(x2)



Pousa, pousa

Fun a taberna do meu compadre,
fun polo vento e vin polo aire (x2)
e como é cousa de encantamento
fun polo aire, vin polo vento (x2)

E pousa, pousa, pousa
e non me toques naquela cousa.
E pousa, pousa axiña
e non me toques naquela cousiña. (x2)

Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego nas viñas (x2)
Iso é verdade, eu non o nego
que eu andiven ás loitas co crego (x2)

E pousa, pousa, pousa
e non me toques naquela cousa.
E pousa, pousa axiña
e non me toques naquela cousiña. (x2)

Cando me case xa teño un galo,
xa miña nai non me ten que dalo. (x2)
Cando me case xa teño un polo
xa miña nai non me ten que dar todo. (x2)
E pousa, pousa, pousa
e non me toques naquela cousa.
E pousa, pousa axiña
e non me toques naquela cousiña. (x2)






O gato metido nun saco

Xuntáronse catro un día,
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.

Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.

Que mal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como meteron o gato.

Vai o gato…

Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira

Vai o gato…


3 comentarios:

zegers dijo...

Te falta lo más importante, poner las canciones pa que las escuche la gente!!

POUSA POUSA

O GATO METIDO NUN SACO

;)

Aurora Rey dijo...

oye, es cierto....

Aurora Rey dijo...

gracias por tu ayuda!!!!!!
xa che queda na pra marchares a aventura!!!

oh no, he borrado el entrante de la cabecera